jueves, 27 de noviembre de 2008

Creación

Como traballo de aula e, para millorar a expresión escrita, estamos a facer creacións de diversos temas; hoxe o tema é: "Seguro que algunha vez aprendiches algo dalgún dos teus familiares que che resultou interesante ou divertido. Escríbeo".


Esta é a creación dunha alumna de 5º D:


Cando eu era pequena o meu avó ensinoume a debullar o millo.

Primeiro, el ía quitando nos grans dos extremos para que me fose máis fácil, tamén lle quitaba algunhas ringleiras ó longo da espiga, decíndome que eran camiños e os grans que quedaban aos lados, que eran amorodos para ir quitando un a un. Cada vez ía deixando máis grans para que eu me esforzara máis, ata que, ao final, pouco a pouco fun conseguindo debullar a espiga eu soa.
Logo, ensinoume que cos carozos da espiga podía facer castelos poñendo un de pé no medio e, ao redor del, outros deitados, apretándoos con forza contra o do medio. Se estaban ben, agarrando o do medio, viran todos pegados e non caen.
Non só era divertido, era útil, xa que axudáballe ó avó e por riba xogaba cos carozos.
Elena Mareque Casal
5º D


domingo, 16 de noviembre de 2008

Do xiz tradicional ao dixital

Na nosa aula de 5º D conviven as novas tecnoloxías coas tradicionais. Nas paredes do noso cuarto de traballo hai colgadas dúas pizarras das de sempre e o seu carón hai outra na que escribimos cun xiz dixital e mesmo co dedo, convertido en xiz.
Eu estou dacordo con que é un recurso total e motivador, na súa máis alta expresión da motivación. A través dela xeramos recursos que nos acercan a calquera dúbida que poida xurdir.
Na área de Coñecemento do Medio é un complemento básico que nos acerca á realidade.
A resolución de exercicios noutras áreas é unha tarefa sempre agradable á que responden moi ben.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

¡Ola a todos!

O xiz dixital é o espazo dos alumnos de 5º D do C.E.I.P. "Ponte dos Brozos" de Arteixo (A Coruña), un lugar de encontro para que podan expresarse e comunicarse cos demais, é dicir, un modo de coñecer e amosar as súas inquedanzas.


Pedimos, e tamén ofrecemos, respeto no trato; desexamos que neste lugar non teñan cabida as palabras malsoantes, insultos ou outros comportamentos que podan ferir as sensiblidades.
Esperamos que disfrutedes canda nós.